Archivo de noticias de Piño

Novembro 2019

imprimir

Segunda quincena de Novembro


Oferta Cultural do Concello da Pobra do Brollón

+XORNADA MICOLÓXICA

Primeira quincena de Novembro

Resultados Electorais dalgúns concellos do entorno.

Resultados Nº Votos 10N

  • Miles de Votos

O Incio

  • O Incio

A Pobra do Brollón

  • A Pobra do Brollón

Quiroga

  • Quiroga

Bóveda

Monforte

  • Monforte

Algunhas cousas sobre Piño, 1ª quincena de novembro

Elecciones 10N

+Carteis das eleccións
+Carteis das eleccións

Samaín en PIÑO

+Rapazada celebrando o Samaín 2019

Fotos que falan por sí mesmas

Non me animo moito a escribir polas críticas desacertadas sobre a miña persoa que moitos facedes, polo que escribo nestas páxinas.
No obstante sabendo que nunca chove a gusto de todos, continuo un mes máis aportando pequenos datos da parroquia e do que nela acontece.

Comezamos o mes de novembro como habitualmente se fai; con misas de Santos e Defundos,  e ofrendas florais aos nosos seres queridos no camposanto, a onde tamén se acercou o cura que veu a celebrar as misas destes días, para rezar responsos polo seu eterno descanso.
Un ano máis a rapazada vencellada á parroquia celebrou o seu particular SAMAIN.

Cabe destacar os eventos que ven desenvolvendo o noso concello da Pobra do Brollón, tanto a Foliada de Outara, o día 8, como o ciclo de cine que se celebra durante todos os xoves deste mes de novembro, na casa da cultura Olga Novo, as 20:30h.
Unha oferta  cultural que debemos de aproveitar e desfrutar, axudando deste xeito a súa consolidación dado o importante que é ter alternativas de ocio.

O tempo comezou chovendo e pouco a pouco enfriando cada día máis. 
As máquinas desbrozadoras viñeron esta semana a limpar a nosa estrada principal, maquinaria que se pode ver na foto.

Chegaron nesta ocasión de eleccións carteis á nosa parroquia. O do PSOE, durou un día, e permanece aínda o de UP (unidas Podemos). Os outros partidos non puxeron proganda en Piño. 

O día 10, de novo eleccións xerais, pronto subirei eiquí os resultados.
Feliz Semana!!!

Santos e Defuntos

Oferta Cultural do Concello da Pobra do Brollón
Primeira quincena de mes

CICLO DE CINE

+

FOLIADA EN OUTARA

+