Image
anuncio , ven a comprar a miña librería
ALDEASGALEGAS
CASAS EN VENTA

Maio 2019

Resultados Eleccións Municipais 26M

Das 1533 persoas censadas no concello da Pobra  para votar acercáronse as mesas 1193, un 77,82% dos inscritos.
18 Votos Nulos e 7 en Branco.
Votaron a candidaturas un total de 1168 .

O claro vencedor destas eleccións municipais na Pobra foi José Luis Maceda Vilariño do BNG cun 56.75 % dos votos seguido de Javier González do PSOE cun 25,40% e o PP representado por Fernando Parada cun 15,76% de apoios.

Nas imaxes podes ver os resultados da mesa de Eixón tanto das locais como das europeas, mesa na que alo menos acudiron 7 nonaxenarios, dous deles a piques de cumprir os 100. Todo un orgullo presumir de ter votantes tan lonxevos  en tan bon estado de saúde.

Nas imaxes tamen vemos ao recén nato do paxariño que nos acompañou no local social da antiga escola de Eixón durante a xornada electoral.

Ultima Quincena de Mes

Rematamos o mes cunha nova defunción na nosa parroquia.
O día 26 na igrexa parroquial misa de funeral e enterro de D. Jesús Peralta.

A vida segue para os que ainda quedamos e as festas  non paran por ninguén.

Pódese ver tamén o cartel da Festa de Piño que xa está colocado e que anuncia unha gran orquesta para o venres.  Recordovos que este ano a asociación Santa Bárbara estrena Campo  así que os que queirades participar  e teñades ánimo podedes desfrutar dela.

ELECCIÓNS EUROPEAS E MUNICIPAIS

O próximo día 26 celébranse as eleccións municipais e europeas.
Puidose ver algo de publicidade na parroquia das municipais,  das europeas non houbo ata a data ningún cartel.  Veremos o que pasa  o domingo.
Podemos ver la imaxe o resultado por mesas  no concello da Pobra das pasadas eleccións xerais de abril ao goberno da nación.

Máis Cousas

Comentar que xa arranxei o buscador da web e xa podedes facer as pesquisas que precisedes.
Nos vindeiros días tentarei rematar a sección das lendas  para un novo proxecto que se vai desenvolver na parroquia a primeira fin de semana de agosto.

Xa vos irei contando.

Primeira Quincena de Mes

O mes de maio comezou e con el o bon tempo. Na parroquia de Vilachá celebrarón a 28 edición da mostra dos seus viños . Reportaxe
Na igrexa parroquial o primeiro fin de semana cabodano de María Balboa Vázquez da casa de Anesa e o segundo fin de semana enterro de Jovita Álvarez Franco, orihunda da casa de Murra, viúva de  Antonio Pérez Quiroga, casa Forguitaina. Deste xeito aos  102 anos morre a persoa máis lonxeva da nosa parroquia e con ela toda unha xeración, a dos meus avós.

A persoa que alcanzou unha maior idade foi Estrella Pérez Quiroga finada en febreiro do ano pasado con 105 anos.
2005 - 2019 Peruchela

Temos 245 anónimos e ningún membro en liña

Considere axudar ao mantenemento desta WEB

p { color: black}