Archivo de noticias de Piño

Xuño 2020

Imprimir
+artigo do PROGRESO DE LUGO 29/06
equo a túa opción VERDE
equo a túa opción VERDE

HAI MÁIS FASCISTAS QUE ECOLOXISTAS

Afirmar que hai máis fascistas que ecoloxistas e que sexa verdade provoca unha profunda decepción no ser humano.
Na imaxe lateral podedes ler  o artigo  de Miguel Piñeiro do Progreso de Lugo onde narra o acontecido onte 29/06 co mitín celebrado na explanada dos Escolapios.

A modo de resumo.
No  día grande  do orgullo do colectivo LGTB,  un partido político de extrema dereita decide dar un discurso  na cidade do Cabe. 
No mesmo lugar hai unha concentración antifascista e a Policia Nacional vixía o acto para que non haxa confrontamentos.
"VAGOS E MALEANTES", pronuncia  o actual SECRETARIO GENERAL DE VOX, referíndose ao grupo de xente que tivo o valor de ir á convocada concentración  ANTIFASCISTA.

Neste 2020 cumpríronse 70 anos da morte de CASTELAO e a súa figura transcende aos beizos dos que pretenden usala como lóstrego contra os galeguistas. 
Vergoña lles debería de dar atreverse a falar mal dun morto, insultalo públicamente e tachalo de xenófogo e racista,  sobre todo sendo eles mesmos os que teñen gañado a pulso eses adxetivos  calificativos.

Sabemos que Castelao era parte do goberno republicano no exilio, ódiano por iso.
Un goberno elexido democráticamente,  nunha  sublevación militar perpetrada pola ala da dereita,  foi derribado levando consigo a ESPAÑA a unha guerra civil  na que ninguén puido elexir bando senón que os marcaban as capitanías xenerais
Lamentablemente os que non se marcharon foron asasinados ou tiveron que someterse.

Recoméndovos que leades o artigo do Progreso completo. Non ten despercio.

Para rematar fago campaña dende esta humilde web ao berro calado das palabras escritas:

Viva España!!! 
Viva Galicia!!!
Viva Lugo!!!
Viva a miña aldea!!!

POR FAVOR SEÑORES DE VOX, DEIXEN DE APROPIARSE DE ESPAÑA.

A NOTICIA IMPORTANTE 

 
Domingo 28 de xuño Mitin de VOX en MONFORTE

MANIFESTACION ANTIFASCISTA

Hai unha convocatoria antifascistas á mesma hora que se celebra o mitin do militante nacional do partido da extrema dereita . 
Dado o aforo limitado polo COVID-19 e a outras explicacións PAULA VERAO (Deputada no Parlamento de Galicia, de SOBER) afirma que non hai que entrarlles ao trapo e non darlle importancia a este acto político.
As verdadeiras manifestacións fanse  nas Urnas á hora de VOTAR.
Por outro lado  FEIXOO (Feijoo)  foi de visita á terra onde naceu, OS PEARES, e alí chorou  ao seu pobo e o seu galicismo. 
Nas redes sociais coméntase que ese tal SMIT, que vai de español,  veu  falar mal de CASTELAO e da nosa lingua.
É lamentabel que non poidan convivir ambalas dúas linguas. 
Pido Respecto  á Verdade. Somos españois coma eles os de VOX,  e veñen eiquí dando mítines de  patriotas en contra dos defensores do noso idioma e da nosa cultura.

Novas

Introdución 
Mótivome para deixar constancia persoal do que aconteu ao longo da miña vida.
E non podo obviar que me gusta poder ir atrás e logo releelo
EQUO GALICIA

UN DEPUTADO VERDE É PRECISO SE QUEREMOS CONSERVAR MÁIS TEMPO O PLANETA

Os verdes EQUO teñen o espirito da NATURA.
Aman aos animais e as árbores, amando tamén todo tipo de vexetais. 
Os verdes gústanlle os fungos, os cogumelos e as castañas.
Os verdes son coidadosos co MEDIO.
Os verdes procuran facer as cousas o mellor posible.
Os verdes critícan as alladas que fan os maleantes
Os verdes defenden aos animais
Os verdes buscan EQUIDADE
Os verdes son de MENTE ABERTA

PROGRAMA ELECTORAL EQUO GALICIA 

Rematamos Xuño 2020 coa CAMPAÑA ELECTORAL GALEGA 2020

Comezou a campaña electoral e en Monforte houbo unha pequena concentración na defensa da sanidade pública de Monforte  convocada por Eventuais en Loita e #SOSSanidadePública.

Foron apenas unhas cantas ducias de persoas as que alí se concentraron atopándose numerosas personalidades entre os asistentes.
Do concello estaba Marina do PSOE, Maribel de ESPERTA, estaba tamén Monica do BNG da Pobra do Brollón e  o cabeza por lista a LUGO por UP o  que fora Deputado, Fernán Vello xunto con Antón Sánchez O mitin que ían a facer diante dos Escolapios cancelouse e acudiron ata a Praza de España. Tamén puiden ver a Enma de Cerna e ao seu compañeiro. 
No meu nome e como candidata por Lugo cos verdes EQUO, asistín  a solidarizarme cos sanitarios que tanto axudan a diario, axudaron e axudarán e aos que lle recoñecemos a súa imprescindibel laboura e que em definitiva somo todos xa que nalgún momento da nosa vida imos contar coa súa atención e axuda.

Obras Públicas

Quero deixar claro que non estou encontra de que se fagan melloras e que o único que pido é que se fagan ben.
Desmotívome moito cando quero por algo na web positivo e me costa atopalo.
Quero non por o negativo e aguanto pero ao final o sentido da resposabilidade de trasmitir a realidade pódeme e teño que escupir.

As  imaxes inferiores falan por si mesmas. 
Lamentablemente isto está a suceder en moitos lugares e a nosa parroquia é un sitio máis. 

Arranxan unha vía pública con diñeiro público, unha empresa concesionaria que lle paga aos seus traballadores por facer o traballo. 
A irresponsabilidade e a mala gana á hora de facer o traballo apréciase  cun golpe de ollo.

Botar alquitrán contra as paredes dos veciños, deixar a medio limpar a vía e cachos sen tocar, non tapar os desaugues e verterlle gravilla e alquitrán por riba, tapar rexistros da acometida da auga deixandos soterrados e logo.. como nos sobra alquitrán tirámolo todo no tramo final .. si ..si.. pero non tiñamos para arranxar 1 metro que está no camiño.

Hai que ter ganas de facer ben as cousas e se nón se fan e se cobra, moi mal por parte dos responsables do pagamento. Hánse se pedir reponsabilidades e de esixir que o traballo se faga con dilixencia.
+tramo alquitranado

NOVIDADES DE XUÑO

Podes ver na imaxe resaltado en amarelo o tramo de via que se reparou nos primeiros días do mes.

O concello é o responsable desta actuación como tamén do desbroce das cunetas da parroquia ata o Fontao.

INFORMACIÓN DE INTERESE 

 

DO 18  AO 21 DE XUÑO 

PUNTO LIMPO MOBIL DO CONCELLO ESTARÁ NA FONTE DA VILA PARA QUE  OS VECIÑOS POIDAN LEVAR 

  • PILAS
  • MEDICAMENTOS
  • AEROSOLES
  • ACEITES USASOS
  • TONERS DE IMPRESORAS 
  • LAMPADAS E FLUORESCENTES

 

  • Gallery Item 1
  • Gallery Item 1
ORGULLO LGTB