Archivo de noticias de Piño

Maio 2018

Imprimir

 Os ramistas deste ano 2018 acompañaron no domingo 13 a charanga Nova Teras  de Trives facendo a alborada polas rúas da parroquia.  Na misa interpretou varias pezas entre elas foi moi emotiva á hora da comunión que estivo moi animada polas súas voces, ao rematar procesión retrasada nun primeiro momento por mor da choiva.

  Your browser does not support the video tag. Your browser does not support the video tag.

O video da comunión non está moi ben , nun principio íame decantar por poñer soamente o audio, pero penso que pode ser un bonito recordo do noso párroco e algúns dos veciños participando na eucaristía, no obstante se o contido lle molesta a algún dos protagonistas non teño inconvinte en retiralo.  

 Os raparigos pasárono moi ben durante a xornada do sábado coas competicións que desenvolveron no campo da festa que neste ano tamén foi cedido polos herdeiros de Avelino de Escaleira

A xuventude que acudiu tamén declarou nas redes sociais que disfrutaran moito e que había que repetilo, que foi todo un éxito.

Enlace a Videos en Youtube

{vsig}maio18{/vsig} 

Tags: piño, Festas, Pobra do Brollón